miércoles, 21 de septiembre de 2011

As incoherencias dunha xestión ineficaz

Descubrir que tres meses antes de rematar o ano só me quedan 160 horas da xornada anual por traballar resulta anecdótico. Comprobar que a saúde mental das persoas traballadoras non é unha riqueza a conservar senón algo persoal que non depende da relación contractual, supón un requisito máis para catalogar a xestión de persoal como nefasta.
Si disfrutas do teu traballo, mírante con desconfianza. Se che gusta o que fas, entón é porque podes facer algo máis do que fas e non traballas o suficiente.
Resulta difícil asumir que o máis valioso que teño como persoa é o meu tempo nocturno e en datas especiais. Que a miña formación e experiencia non ten valor engadido no meu posto de traballo nin para a miña empresa, como moito é unha eiba algo que incomoda e precísase afastar.
Recoñezo que a mín me gusta impartir talleres de sexualidade e afectividade, que me sinto cómoda traballando en grupo mediano ou grande, que me sinto útil cando traballo en titorías individualizadas e si aquelas persoas coas que traballo consiguen obxectivos síntome orgullosa e satisfeita do tempo e esforzo adicado a buscar e implantar medidas concretas que enfíasen o camiño.
Quero traballar poñendo en práctica o que aprendín da experiencia e da formación continúa. ¿É tan absurda idea?