sábado, 24 de octubre de 2009

O traballo é saúde

Eu pensaba que traballar producía satisfacción, melloraba a miña calidade de vida e obtiña independencia. Semella que esta idea utópica do que é o traballo era froito da miña inexperiencia laboral (só un par de traballos entre os que comparar).
Según parece o traballo é escravitude non só a un horario senón tamén aos caprichos da persoa que che paga. ¡E ti nin tes dereito ao pataleo!.
Se decidiches pasar un fin de semana relaxante, prevé que che poidan reembolsar o anticipo que pagaches (por necesidades do servizo, tal vez teñas que cambiar plans). Se te programas despois de recibir a planilla cos horarios do semestre, ten en conta o antes exposto no caso anterior (necesidades do servizo).
Cando te contratan semella que pagan por ter un control sobre a túa vida as 24 horas os 365 días do ano e ti asinas un contrato no que a letra pequena non ven escrita pero todo o que non estea por escrito pode ser incluido unilateralmente e modificado ao antollo da persoa contratante. Nembargantes a traballadora asina aceptar calquera condición ou imposición feita pola outra parte ou marcharse da empresa sen dereito a paro ou compensación por incumplimento de contrato. ¡E están os tempos como para que me poida permitir vivir sen ser explotada!
Algunha frase célebre que lembro neste momento:
- " Agora non se pode económicamente mellorar as condicións horarias, pero solicitarémolo para o ano que ven" = isto é o que hai
- "Non podemos desperdiciar as cualificacións das novas contratacións" = tes que facermáis noites e fins de semana para que elas fagan menos
- " Hai que coidar as persoas que entran para que non se queimen" = quéimate ti que te teño amarrada
- "Eiqui os últimos non van a pringar" = pringa ti que eres parva.
- "Este ano non se fixo unha boa planificación, o ano que ven estará máis repartido" = tes razón non saiu ben, o ano que ven voltamos a xogar ao chou que algunha vez contentaremos a todos e todas.
- "O incremento en traballo a turnos non é significativo, polo tanto podedes asumilo" = vas traballar como a min me pete que para algo fuches tan parva de asinar un contrato conmigo

domingo, 4 de octubre de 2009

Unha reflexión

Hola, estaba decidindo si incluir algo sobre a derrota de Madrid para os xogos olímpicos e xusto sae unha crítica no xornal con respecto ao gasto feito. Un apunte: a decisión non é cousa de fai dous días e a candidatura non ten culpa das circunstancias actuais.
Pero sí é certo que os cartos estaban mellor noutro lado.
Outro día ceñireime a miña volta ao traballo remunerado e a incomprensión que posúo do razonamento empresarial.

viernes, 2 de octubre de 2009

Reflexións sobre a crise

Levo uns días escoitando noticias sobre a dificultade de España para saír da crise e chegou un momento no que me empecei a preguntar si era todo tan negro ou me estaban enganando. Porque vexamos, se non temos cartos e é preciso aforrar, subir impostos, crear subsidios, etc. cómo é que nos permitimos modificar leis, programas, plans, voltar a refacer estudios, etc. Porque se non temos cartos e eu teño que aportar un pouco máis do meu salario para que todos teñamos cubertas as nosas necesidades básicas, como a alguén se lle ocorre pedir un adianto de eleccións, coma se estas non costasen nada.
Hoxe atopeime cunha nova deste tipo, pedirlles aos pais e nais que paguen por adiantado o menú escolar e todo o mes, coman ou non; cunha suba do prezo. E pregunteime, ¿todos e todas temos posibilidades de desenvolsar eses cartos?, ¿non sería máis acertado que fose neste tipo de servicio onde se notase a protección da administración pública?
Ou eu son moi agarrada, ou os demáis nadan na abundancia.