Eu pensaba que traballar producía satisfacción, melloraba a miña calidade de vida e obtiña independencia. Semella que esta idea utópica do que é o traballo era froito da miña inexperiencia laboral (só un par de traballos entre os que comparar).
Según parece o traballo é escravitude non só a un horario senón tamén aos caprichos da persoa que che paga. ¡E ti nin tes dereito ao pataleo!.
Se decidiches pasar un fin de semana relaxante, prevé que che poidan reembolsar o anticipo que pagaches (por necesidades do servizo, tal vez teñas que cambiar plans). Se te programas despois de recibir a planilla cos horarios do semestre, ten en conta o antes exposto no caso anterior (necesidades do servizo).
Cando te contratan semella que pagan por ter un control sobre a túa vida as 24 horas os 365 días do ano e ti asinas un contrato no que a letra pequena non ven escrita pero todo o que non estea por escrito pode ser incluido unilateralmente e modificado ao antollo da persoa contratante. Nembargantes a traballadora asina aceptar calquera condición ou imposición feita pola outra parte ou marcharse da empresa sen dereito a paro ou compensación por incumplimento de contrato. ¡E están os tempos como para que me poida permitir vivir sen ser explotada!
Algunha frase célebre que lembro neste momento:
- " Agora non se pode económicamente mellorar as condicións horarias, pero solicitarémolo para o ano que ven" = isto é o que hai
- "Non podemos desperdiciar as cualificacións das novas contratacións" = tes que facermáis noites e fins de semana para que elas fagan menos
- " Hai que coidar as persoas que entran para que non se queimen" = quéimate ti que te teño amarrada
- "Eiqui os últimos non van a pringar" = pringa ti que eres parva.
- "Este ano non se fixo unha boa planificación, o ano que ven estará máis repartido" = tes razón non saiu ben, o ano que ven voltamos a xogar ao chou que algunha vez contentaremos a todos e todas.
- "O incremento en traballo a turnos non é significativo, polo tanto podedes asumilo" = vas traballar como a min me pete que para algo fuches tan parva de asinar un contrato conmigo
sábado, 24 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario