As veces semella que eres alguén sen liberdade para decidir o teu futuro.
Onte pasámonos un rato falando sen lograr modificar en nada a nova situación laboral que nos impoñen e por riba, tiñamos que dar as gracias.
Semella que ser educadora se iguala a criada, chacha, moza para todo, ignorante, etc. Podo entender que ás persoas que nos dirixen lles importemos ben pouco (considerando o malas xestoras que son). Pero que a nosa indefensión chegue ao extremo de aceptalo porque nos vincularon a un contrato que nos fai escravas ao servizo da empresa, cústame máis.
Eu non son tan mala profesional como para non poder negociar melloras salariais, ou poder desempeñarme laboralmente dentro da especialización que adquirín co meu esforzo e adicación durante estes doce anos.
Pero semella que isto só se pode lograr renunciando a traballar na mesma empresa e buscando outras saídas laborais, porque o que agradece a empresa na que traballo é que lles laves as batas aos compañeiros e compañeiras doutras categorías profesionais, que non discutas, que lles ofrezas solucións para cubrir servizos mínimos sen solicitar nada en troco e moitas outras lindezas que motivan e incentivan ao traballo.
Que alguén comunique como si avisase de que se esgota o tempo para anotarse a un curso, cea, etc. a xubilación dunha persoa semella o máis despreciable dunha dirección: a falta de tacto, educación e respecto polas persoas que sacaron adiante o traballo e aportaron alternativas á falla de liquidez. Pero de todo hai neste grupo, espero que se cumpla o de que temos o que nos merecemos.
jueves, 31 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario