miércoles, 21 de septiembre de 2011

As incoherencias dunha xestión ineficaz

Descubrir que tres meses antes de rematar o ano só me quedan 160 horas da xornada anual por traballar resulta anecdótico. Comprobar que a saúde mental das persoas traballadoras non é unha riqueza a conservar senón algo persoal que non depende da relación contractual, supón un requisito máis para catalogar a xestión de persoal como nefasta.
Si disfrutas do teu traballo, mírante con desconfianza. Se che gusta o que fas, entón é porque podes facer algo máis do que fas e non traballas o suficiente.
Resulta difícil asumir que o máis valioso que teño como persoa é o meu tempo nocturno e en datas especiais. Que a miña formación e experiencia non ten valor engadido no meu posto de traballo nin para a miña empresa, como moito é unha eiba algo que incomoda e precísase afastar.
Recoñezo que a mín me gusta impartir talleres de sexualidade e afectividade, que me sinto cómoda traballando en grupo mediano ou grande, que me sinto útil cando traballo en titorías individualizadas e si aquelas persoas coas que traballo consiguen obxectivos síntome orgullosa e satisfeita do tempo e esforzo adicado a buscar e implantar medidas concretas que enfíasen o camiño.
Quero traballar poñendo en práctica o que aprendín da experiencia e da formación continúa. ¿É tan absurda idea?

jueves, 31 de marzo de 2011

Novo cambio

As veces semella que eres alguén sen liberdade para decidir o teu futuro.
Onte pasámonos un rato falando sen lograr modificar en nada a nova situación laboral que nos impoñen e por riba, tiñamos que dar as gracias.
Semella que ser educadora se iguala a criada, chacha, moza para todo, ignorante, etc. Podo entender que ás persoas que nos dirixen lles importemos ben pouco (considerando o malas xestoras que son). Pero que a nosa indefensión chegue ao extremo de aceptalo porque nos vincularon a un contrato que nos fai escravas ao servizo da empresa, cústame máis.
Eu non son tan mala profesional como para non poder negociar melloras salariais, ou poder desempeñarme laboralmente dentro da especialización que adquirín co meu esforzo e adicación durante estes doce anos.
Pero semella que isto só se pode lograr renunciando a traballar na mesma empresa e buscando outras saídas laborais, porque o que agradece a empresa na que traballo é que lles laves as batas aos compañeiros e compañeiras doutras categorías profesionais, que non discutas, que lles ofrezas solucións para cubrir servizos mínimos sen solicitar nada en troco e moitas outras lindezas que motivan e incentivan ao traballo.
Que alguén comunique como si avisase de que se esgota o tempo para anotarse a un curso, cea, etc. a xubilación dunha persoa semella o máis despreciable dunha dirección: a falta de tacto, educación e respecto polas persoas que sacaron adiante o traballo e aportaron alternativas á falla de liquidez. Pero de todo hai neste grupo, espero que se cumpla o de que temos o que nos merecemos.

jueves, 6 de enero de 2011

Sentimentos

Falamos de sentimentos moi a miúdo pero poucas veces chegamos a entender á persoa que nolos expresa.
Se buscamos empatizar resulta que deberíamos entender e aceptar como se sinte a outra persoa. Esquecemos eiquí que somos seres con experiencias propias e moitas ideas preconcebidas de que significa pórse no lugar da outra.
Temos dereitos asertivos, pero despois resulta que non podes ou debes utilizalos. Por exemplo, tes dereito a non ser socialble pero logo criticarán que non socialices (ou interactúes, que me gosta máis).
Ante esta reflexión, estaba preguntándome si existe diferencia entre a esixencia que vive unha muller e a que vive un home con respecto a ser a ou o mellor.
A eles díxelles que teñan éxito, pero critícaselles como o alcanzan?
A nos pídesenos que sexamos perfectas, en que áreas, aspectos?
Comprobade que non convivimos coas mesmas espectativas, nin o vocabulario para describilas é semellante.
A verdade que de nós tamén se espera que teñamos éxito, pero en qué áreas?
Non me lembro de que a un home lle digan que sexa perfecto (polo menos con esa palabra), si que faga as cousas perfectas.
Bo ano e bos reis.

martes, 7 de diciembre de 2010

Muller

Agora que teño a titulación en igualdade recén adquirida, teño intención de incluir aqueles sitios que aportan información, publicacións e outro material que me guste.
Presentación « Género y Drogodependencias poucas publicacións ata agora pero interesante para facer seguimento.
FSC .:El proyecto MALVA es un proyecto de prevención de la violencia doméstica asociada al abuso del alcohol:. Moi interesante sobre violencia
Transversalidad de Igualdad de Género
Materiales de la Unidad | Unidad de Igualdad de Género
Xa irei poñendo algunha máis.

Prevención

Resulta que previr é cumprir estrictamente coa normativa legal nos mínimos.
Falta un extintor, non existen planos de situación, baixar ten perigo se o chan está húmido,...
Pero o que conta é ter un documento que dí Plan de Prevención de Riscos. Tamén semella que temos un plan de emerxencia (que ninguén sabe onde está).
Hai que facer equipos de primeira intervención e non se lles ocorre nada mellor que malinformar, unha xa está queimada (isto non aparece no plan) pero estas parvadas non axudan a modificar a calidade no traballo. Tampouco penso que melloren a diminución de riscos, porque excepto para incendios, non observo nada sobre agresións, fatiga mental, sobrecarga, etc.

domingo, 25 de abril de 2010

Xornadas

Non hai nada peor que desexar evitar ao xefe cando este está empeñado en quedar ben.
Decíame un compañeiro de xornada que a forma de menospreciar o traballo de investigación que se realiza entraría dentro do mobing. Supoño que non tería que falar disto con descoñecidos, pero pérdeme a lingua.
O consello que todos me ofrecen é cambiar de traballo, que se supón fácil en plena crise.
Ser funcionaria sería unha boa alternativa, quen me axuda a conseguilo?
Tratarei de preparar as oposicións, iso si teño oportunidade.
Onde están os obxectivos de calidade?

viernes, 13 de noviembre de 2009

Igualdade

Teño que definir a miña liña de traballo e tratarei de plasmala aquí.
Roles de xénero desempeñados por mulleres drogodependentes.
Roles adquiridos socialmente, obrigadas a desempeñalos para ser aceptadas.
Espectativas das persoas profesionais ou espectativas da sociedade en xeral.
Poderíamos falar do feminismo da diferenza para valorar o traballo a realizar con elas: incluiríamos o segregacionismo para traballar a maternidade, a afectividade.
Ou falaríamos do feminismo da igualdade para valorar a presenza de corresponsabilidade, dereito a elexir roles, dereito a ser diferente, igual a un home, estaríamos na coeducación?
Son invisibles no tratamento porque son mulleres, drogodependentes, porque son poucas, porque teñen as mesmas necesidades ca os homes, porque serven os mesmos métodos, porque imos a tratalas con un modelo androcéntrico, porque somos infalibles e sabemos mellor ca elas que, como e de que forma teñen que ser