viernes, 13 de noviembre de 2009

Como pode lograr un xefe que fagas algo cando ti non estás de acordo

Parecería unha cousa imposible que actuase en contra da miña saúde e dos meus principios, pero resulta que non é tan doado.
Cando alguén usa a chantaxe emocional para lograr os seus fins, estou apañada.
Explícovos:
Eu non tiña intención de facilitarlle ao xefe a posibilidade de cubrir o turno dun festivo descuberto, e menos por algo que non me beneficia. Pero cando a contraprestación é que se non o fas tí terá que facelo outro compañeiro e polo mesmo prezo, pois trocan as tornas. Que te tachen de mala compañeira é unha das armas que mellor conseguen que achantemos.
Así que voltarei a cubrir un festivo máis deste ano en troques dun día laborable que non me soluciona nada, perdendo a oportunidade de disfrutar de lecer en compañía.
O da conciliación non debe ser un termo que coñezan ou sepan o que implica. Para que unha persoa concilie eu teño que perder o meu dereito a miña conciliación. Vaia principio máis mal elaborado, espero que o espíritu da lei de conciliación non sexa tan pouco constitucional. Porque a mín ensináronme que os meus dereitos rematan onde empezan os dos demáis, e neste caso os meus dereitos quedaron reducidos a nada para que os dereitos doutra persoa sexan respetados.
Se alguén lle atopa algo bo a traballar noites, festivos e fins de semana que mo explique, porque para o meu obxectivo laboral isto non ten pés nin cabeza.
Unha dúbida son todos os xefes iguais, porque de ser así mellor non busco outro chollo non vaia a empeorar laboralmente, en vez de ir a mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario