viernes, 13 de noviembre de 2009

Igualdade

Teño que definir a miña liña de traballo e tratarei de plasmala aquí.
Roles de xénero desempeñados por mulleres drogodependentes.
Roles adquiridos socialmente, obrigadas a desempeñalos para ser aceptadas.
Espectativas das persoas profesionais ou espectativas da sociedade en xeral.
Poderíamos falar do feminismo da diferenza para valorar o traballo a realizar con elas: incluiríamos o segregacionismo para traballar a maternidade, a afectividade.
Ou falaríamos do feminismo da igualdade para valorar a presenza de corresponsabilidade, dereito a elexir roles, dereito a ser diferente, igual a un home, estaríamos na coeducación?
Son invisibles no tratamento porque son mulleres, drogodependentes, porque son poucas, porque teñen as mesmas necesidades ca os homes, porque serven os mesmos métodos, porque imos a tratalas con un modelo androcéntrico, porque somos infalibles e sabemos mellor ca elas que, como e de que forma teñen que ser

Como pode lograr un xefe que fagas algo cando ti non estás de acordo

Parecería unha cousa imposible que actuase en contra da miña saúde e dos meus principios, pero resulta que non é tan doado.
Cando alguén usa a chantaxe emocional para lograr os seus fins, estou apañada.
Explícovos:
Eu non tiña intención de facilitarlle ao xefe a posibilidade de cubrir o turno dun festivo descuberto, e menos por algo que non me beneficia. Pero cando a contraprestación é que se non o fas tí terá que facelo outro compañeiro e polo mesmo prezo, pois trocan as tornas. Que te tachen de mala compañeira é unha das armas que mellor conseguen que achantemos.
Así que voltarei a cubrir un festivo máis deste ano en troques dun día laborable que non me soluciona nada, perdendo a oportunidade de disfrutar de lecer en compañía.
O da conciliación non debe ser un termo que coñezan ou sepan o que implica. Para que unha persoa concilie eu teño que perder o meu dereito a miña conciliación. Vaia principio máis mal elaborado, espero que o espíritu da lei de conciliación non sexa tan pouco constitucional. Porque a mín ensináronme que os meus dereitos rematan onde empezan os dos demáis, e neste caso os meus dereitos quedaron reducidos a nada para que os dereitos doutra persoa sexan respetados.
Se alguén lle atopa algo bo a traballar noites, festivos e fins de semana que mo explique, porque para o meu obxectivo laboral isto non ten pés nin cabeza.
Unha dúbida son todos os xefes iguais, porque de ser así mellor non busco outro chollo non vaia a empeorar laboralmente, en vez de ir a mellor.